SAT Mobile Solution

SAT Mobile Solution é unha solución de mobilidade desenvolvida para axudarlle a optimizar os seus procesos de recepción, xestión e resolución de incidencias.
SAT Mobile Solution permite aos técnicos traballar con dispositivos móbiles, industriais ou de consumo, nos que dispoñen da súa ruta de traballo previamente planificada desde a central e optimizada segundo a carga de traballo de cada día. Os técnicos van actualizando a información do sistema desde os seus dispositivos móbiles mediante o rexistro das súas accións. Existe comunicación constante entre a central e os técnicos,
dispoñendo de información actualizada en todo momento.
Desde a identificación dos técnicos no sistema ata a confirmación por parte do destinatario da resolución da incidencia, a solución conta cunha serie de funcionalidades que optimizan o proceso de negocio, dotándoo de ferramentas de gran valor engadido.
SAT Mobile Solution permite, ademais, un retorno do investimento a curto prazo, debido á reducción de custos pola optimización de recursos e esfuerzos e a un reducido período de implantación.

Características do software:

  • Inicio e fin de xornada
  • Control de tempos*
  • Partes de Traballo:
    • Realización
    • Asignación
    • Aceptación
  • Histórico de partes
  • Consulta de documentación
  • Xestión de repostos
  • Realización de inventarios
  • Mensaxería
  • Avisos
  • Certificación servizos (SMS, EMAIL)
  • Xeolocalización

Características tecnolóxicas incluídas:

  • Xeolocalización
  • Firma dixital en pantalla.
  • Fotografía.
  • Identificación código barras

Dispositivos posibles:

  • Calquera dispositivo móbil de consumo o industrial.
  • Sistemas Operativos: calquera sistema operativo Windows, Android, Blackberry, IOS… e calquera versión.

Características opcionais

  • Escaneado de documentos
  • Cifrado datos Firma Dixital
  • Cifrado documentos Firma Dixital
  • Impresión de documentos.
  • Identificación mediante RFID